Como se reproducen as células?
A NECESIDADE DA DIVISIÓN CELULAR Chámase reprodución ou división celular ao proceso polo que unha célula se separa dando lugar a dúas células fillas iguais xenéticamente á célula da que proveñen. Para que se producen novas células?: O crecemento do corpo. Renovar tecidos desgastados ou danados ou repoñer células que morren. No caso dos organismos unicelulares, a división celular orixina un novo organismo. Un ser humano ao longo da súa vida realiza uns 10.000 billóns de divisións celulares no seu corpo. A principal forma de división nas células eucariotas é a mitose. CROMOSOMAS E DIVISIÓN CELULAR Os cromosomas están no núcleo da célula e teñen información xenética que debe ser transmitida ás fillas na división celular. A información contén as instrucións para organizar a estrutura e función das novas células. A cromatina é unha asociación de ADN e unhas proteínas chamadas histonas. Cada cromosoma ten únicamente unha molécula de ADN. Cando a célula está en repouso